¡Pida presuposto! 986 352 259

CALEFACCIÓN XEOTÉRMICA

A TECNOLOXÍA MÁIS EFICAZ NA PRODUCIÓN DE CALOR

A calefacción xeotérmica é un innovador sistema de produción de calor ou frío que recolle a temperatura constante do solo en profundidade para gozar de calefacción, aire acondicionado e auga quente do xeito máis natural, sinxelo e rendible.

Sondeos Nigrán
Sondeos Nigrán
Sondeos Nigrán

DISPOÑA DA ENERXÍA CONSTANTE QUE LLE OFRECE A TERRA ¡GRATIS!

A bomba de calor xeotérmica ten un funcionamento similar ao dunha neveira doméstica, ca diferenza de que neste caso a calor é recollida do solo. O sistema dispón dun circuito baixo terra, a unha profundidade onde a temperatura se mantén constante, independente da temperatura na superficie.

A máis de 5 metros a temperatura é duns 15ºC. Deste xeito a bomba de calor ten que producir só a calor restante para quentar a casa á temperatura desexada.

Ademais, a bomba de calor xeotérmica permite invertilo proceso para producir frescor nas estacións cálidas.
Sondeos Nigrán

APLICACIÓNS MÁIS IMPORTANTES

A enerxía xeotérmica utilízaxe sobre todo para:

- Calefacción, aire acondicionado e auga quente sanitaria en vivendas e en edificios tanto en instalacións individuais coma en centralizadas.

- Climatización de piscinas cubertas e descubertas.

- Secado de productos na industria agro-alimentaria, acondicionamento de invernadoiros e granxas.


INFÓRMESE SEN COMPROMISO

Resolverémoslle as dudas que teña. Solicitar presuposto.

OUTRAS VANTAXES

- Non precisa chemineas nin outros sistemas de apoio.

- Non desprende cheiros ou gases.

- Ocupa menos espazo que outros sistemas.

- O impacto visual é nulo xa que o sistema se atopa baixo terra e non dispón de elementos visibles no exterior da casa.

- Permite reducir o gasto enerxético e as emisións de CO2.

- Non require de depósitos de combustibles.

- Funcionamento sen ruidos.

- Reducido custe de mantemento.

Sondeos Nigrán